Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.., con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar desvío liñas de media e baixa tensión entre o p.k. 0,600 e 17,600 e o 0,738 e o 17,080 na vía rápida Pontevedra-Sanxenxo, concello de Sanxenxo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de desvío liñas de media e baixa tensión entre o p.k. 0,600 e 17,600 e o 0,738 e o 17,080 na vía rápida Pontevedra-Sanxenxo, concello de Sanxenxo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 26 de xuño de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
5241