Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.799

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 23/95 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Vigo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 2634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, sendo de 2.245 m o tramo aéreo, con conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos, e de 215 m o tramo subterráneo, con conductor R.H.V., desde o apoio 56 da L.M.T. Segade-Santa Lucía ata o seccionamento existente no C.T. de Santa Lucía, concello de Moraña.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 26 de xuño de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

5325