Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 05 de setembro de 1995 Páx. 6.797

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de maio de 1995 pola que se resolve a prórroga e modificación dos concertos educativos dos centros docentes privados que se indican.

Vistos os expedientes de prórroga e modificación de concertos educativos, incoados de oficio ou por instancia de parte, segundo o disposto no Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, aprobado polo Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, na súa disposición adicional primeira.2, modificada polo Real decreto 139/1989 do 10 de febreiro, e no seu artigo 46 e na Orde do 18 de xaneiro de 1993 pola que se dictan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso 1993-1994 (DOG do 26).

Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Aproba-la prórroga do concerto educativo por un ano ós centros que se relacionan no anexo I desta orde e para as unidades que no mesmo se

especifican.

Segundo.-Aproba-la modificación dos concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo II desta orde.

Terceiro.-De acordo co establecido nos artigos 109 e 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a presente resolución esgota a vía administrativa polo que contra esta poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

5687