Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 21 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a apertura do expediente sancionador PO/18/95 ó interesado con domicilio descoñecido.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, dao 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselles ós titulares e administradores da empresa

Vigo Print, S.L., que ten as súas instalacións na rúa Ramiro Pascual 18, Beade, concello de Vigo, (Willi Kunz, Wolfgang Maurer e Gabriele Dorothea Maurer, todos eles de nacionalidade alemana e con domicilio descoñecido) o acordo de incoación do expediente sancionador PO/18/95, instruído por infraccións do disposto nas leis 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e 14/1992, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1993.

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poderen examina-lo expediente na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, r/ Nova de Abaixo, 2 e presentaren as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 21 de xullo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-5054