Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.752

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (198/1994).

O xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 198/1994, se segue procedemento executivo, por instancia de Caixa Galicia, representada polo procurador García Piccoli, contra José Luis Ramos Iglesias e Purificación Iglesias Ramos, sobre reclamación de cantidade; nos seus autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración, os seguintes bens embargados no procedemento, e que ó final do presente edicto se verán polo miúdo:

Os bens saen á licitación en lotes.

A primeira poxa celebrarase o vindeiro día vintecatro de outubro, ás doce horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Avenida de Lugo, nº 45, coas condicións seguintes:

1º.-O tipo do remate será o do valor que se lles deu ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

2º.-Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A., conta de consignacións nº 1510/000/198/1994).

3º.-Soamente o executante poderá cederlle o remate a un terceiro.

4º.-Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e acom

pañando ó prego o xustificante acreditativo do ingreso do importe reseñado no punto 2º.

5º.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día vintecatro de novembro ás doce horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vintesete de decembro, tamén ás doce horas, rexendo para a mesma as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral, e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Arzúa o vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa

-Tractor agrícola Ebro 160 D B-05724 - VE. Tipo 150.000 ptas.

-Semirremolque Galagri GR 2816, C-84600 - VE, tipo 300.000 ptas.

-Predio de monte e labradío sito no lugar de Chousa de Arriba, parroquia de Gonzar, concello do Pino, de 18 áreas e 40 centiáreas de labradío, e 1 ha 2 a e 93 ca a monte. Linda: norte e leste: monte aberto de varios propietarios e outro; sur; camiño, e oeste: máis da vendedora e herdeiros de Benito Ramos.

Áchase inscrito no folio 47, tomo 452, libro 60 do Pino, predio 7.821, no Rexistro da Propiedade de Arzúa. Tipo 2.979.600 ptas.

-Predio 131 do plano xeral da zona de concentración de Santa María de Gonzar, O Pino. Labradío no sitio de Agra de Arriba. Linda: norte, camiño; sur: Benito García Coton 143; leste: Daniel Gómez Rivas 132, e oeste: Josefa Iglesias Míguez 125 e outros propietarios, predios 126, 129 e 130.

Áchase inscrito no folio 145, tomo 514, libro 70 do Pino, predio 10.087. Tipo 3.800.000 ptas.

95-5440