Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.749

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de agosto de 1995 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Deporte.

O Decreto 71/1995, do 10 de marzo, polo que se modifica o Decreto 261/1994, do 29 de xullo, que establecía a estructura orgánica dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia supuxo a creación do novo servicio de supervisión de proxectos e seguimento de obras ó mesmo tempo

que restructurou a distribución das competencias asignadas a cada unha das súas unidades administrativas; de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas no artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificio administrativo de San Caetano, nº 1, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 dias hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo de solicitude que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que se aleguen.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería da Presidencia e Administración Pública. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, na Administración local, ou que estea na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión deservicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o que sexa seleccionado. Se no prazo de 2 meses a partir da publicación no DOG, o funcionario seleccionado non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considérase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e de 1 mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos 3 días seguintes ó da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás no suposto de procedencia doutras administracións públicas, que debrerá efectuarse dentro dos 3 días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de 2 meses ó que se fai referencia no apartado quinto desta orde.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Denominación do posto: xefe de servicio de supervisión de proxectos e seguimento de obras.

Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Grupo: AB.

Nivel c. destino: 28 A.

Complemento específico: 1.583.676.

Corpo ou escala: especial.

Titulación académica: arquitecto superior.

95-5713