Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1995 pola que se convoca, en colaboración co Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local da provincia da Coruña un curso de urbanismo para cargos electos das entidades locais.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1995, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da ante

rior, convócase un curso de urbanismo para cargos electos das entidades locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

1.-Obxectivos.

Análise da lexislación vixente e exposición das competencias administrativas no planeamento, a xestión e a disciplina urbanística.

2.-Destinatarios.

Alcaldes, concelleiros e persoas que teñan atribuídas responsabilidades políticas en materia urbanística nos concellos do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.-Solicitudes.

Aqueles que aspiren a participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial que figura ó final da convocatoria cuberta en tódolos epígrafes, xuntando, en todo caso, resgardo do ingreso dos dereitos de inscrición sinalados na base 5.

4.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da provincia da Coruña, ou no da Escola Galega de Administración Pública, Rúa de Madrid, 2-4, 15703 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38-4º da Lei 30/192, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Establécense en 10.000 ptas. O aboamento efectuarase mediante ingreso na conta corrente do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da provincia da Coruña nº 0182/2200-0000018355, Banco Bilbao Vizcaya, O.P. A Coruña.

O xustificante do pagamento deberáselle xuntar á solicitude.

6.-Número de prazas.

80.

7.-Selección.

Ata o núemro máximo de 80 seleccionados, por rigorosa orde de inscrición.

8.-Modificación.

A EGAP, logo de consulta ó colexio provincial da Coruña, reserva para si a facultade de cancela-lo curso se o escaso número de solicitudes non xustificara a súa realización.

9.-Duración.

30 horas lectivas.

10.-Lugar e datas de impartición.

Sede do Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña, tódolos xoves laborables entre o 5 de outubro e o 7 de decembro.

11.-Horario.

Tardes, de 17 a 20.30 horas.

12.-Certificado de participación.

Outorgaráselles certificado de participación ós alumnos que asistan con regularidade ó curso e non teñan unha inasistencia igual ou superior ó 15% das horas programadas.

De superaren este límite sexa cal sexa a causa, non se lles expedirá certificado e serán dados de baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

13.-Contido.

Competencias estatais, autonómicas e locais. A lexislación urbanística de Galicia e o texto refundido. Obxecto e finalidades da lei. Planeamento urbanístico do territorio. Valoracións. Execución do planeamento. Expropiacións e réxime da venda forzosa. Intervención administrativa na edificación e uso do solo e disciplina urbanística. Instrumentos de intervención no mercado do solo.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1995.

P.A. do director da EGAP

Manuel Marías Cano Vera

Xefe de estudios da Escola Galega de

Administración Pública

5519