Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.742

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 17 de xullo de 1995 pola que se exclúe do catálogo de montes de utilidade pública o monte Paleira, dos veciños da parroquia de Balboa, no concello de Trabada (Lugo).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e en virtude do disposto no apartado 2º da sentencia

nº 148/1995, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Lugo, nos autos de xuízo civil de menor contía nº 16/1990, promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Paleira e Momián, dos veciños da parroquia de Balboa, no concello de Trabada (Lugo), esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública de acordo coa sentencia nº 148/1995, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Lugo, o monte Paleira, dunha superficie de 81 hectáreas que figura co nº 73-1 do C.U.P. e que ten os seguintes límites:

Norte: muro rústico de pedra que o separa de predios particulares. Inmediato a este muro, camiño rural en desuso que une a capela de San Fernando co lugar de Balboa.

Leste: montes de propiedade particular da parroquia de Balboa.

Sur: liña imaxinaria, sensiblemente recta, que desde a chamada Pena Moura se dirixe en dirección oeste, estando marcada no terreo por medio duns marcos de lousa.

Oeste: liña que separa as distintas masas forestais, os predios particulares están repoboados con eucaliptos e o monte Paleira con piñeiros.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1995.

P.D.(Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

9504787