Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de urbanización do E.D. IV-01 praza de San Lourenzo.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 18 de xullo de 1995, o proxecto de urbanización do E.D. IV-01 praza de San Lourenzo (3858/401), redactado polo enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, visado polo Colexio Oficial con data 25 de abril de 1995, coas precisións que se derivan do informe do enxeñeiro técnico de Obras Públicas da oficina de planeamento de data 3 de maio de 1995; sométese a información pública polo prazo de 15 días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificacións individuais.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

De non presentarse alegacións durante a exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 18 de agosto de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde