Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 31 de agosto de 1995 Páx. 6.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Ponteceso, en sesión celebrada o día 24 de xullo de 1995, acordou a aprobación inicial ó proxecto de urbanización do parque empresarial de Ponteceso. O expediente e mailo instrumento indicado quedan expostos para información pública polo prazo de quince días hábiles, que comezarán a contar desde o seguinte ó da derradeira publicación que do presente se produza no Diario Oficial de Galicia ou BOP, durante o indicado prazo as persoas interesadas poderán constituírse en parte nas dependencias da Casa do Concello, examina-los documentos

anteditos e presentar, se é o caso, as alegacións que consideren convenientes.

Ponteceso, 1 de agosto de 1995.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde-presidente

9505721