Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.713

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 14 de xullo de 1995 polo que se fai público o nomeamento de xuíz de paz substituto da Pontenova (Lugo).

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día 14 de xullo de 1995, acordou nomear por un período de catro anos o xuíz de paz titular ou substituto que máis abaixo se indica dos distintos concellos desta Comunidade Autónoma, nomeamento que se fai directamente entre os participantes no concurso que para cubrir tal praza convocou a sala de goberno ultimamente, tendo en conta que o concello no seu día non elixiu persoa ningunha para os ditos cargos.

Provincia de Lugo.

A Pontenova: substituto, María Esther Rodríguez Lombardero.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes á publicación deste edicto para ante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

O xuíz de paz nomeado deberá prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomarán posesión no Xulgado de Paz para o que sexa nomeado, ante quen se achar exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, catorce de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

5664