Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 19 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da providencia de apertura do expediente sancionador de epizootias que se cita, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (expediente 42/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesus Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, Lugo.

ANEXO:

Expediente: 42/1995.

Denunciado: Juan Carlos Vegas Martínez.

DNI: 18.208.611.

Último enderezo coñecido: r/ Cachuela, 10, Arenas S. Pedro-Ávila.

Feitos imputados: transporta-lo día 24 de abril de 1995, no vehículo matrículo AV-9476-F, dous animais equinos, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: 32.

Precepto sancionador: 212.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 15.000 ptas.

Lugo, 19 de xullo de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9505734