Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 30 de agosto de 1995 Páx. 6.694

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/0005159/1995, interposto por Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

O 21 de xullo de 1995, a Secretaría Xeral para o Deporte recibe da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 02/0005159/1995, interposto por Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., contra denegacióin presunta por silencio administrativo de peticións con data do 13-4-1994 formuladas ante esta secretaría sobre reclamación de aboamento da certificación número 16 (parte), 17 e 18, correspondentes á obra de construcción dunha piscina cuberta no concello de Ponteareas, Pontevedra.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódolas

persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

5752