Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 29 de agosto de 1995 Páx. 6.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO de aprobación do proxecto de urbanización para parque empresarial en Campolongo.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 27-7-1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto da urbanización relativo a un parque empresarial en Vidreiro-Campolongo, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, e redactado por Xestur, S.A. Sométese o expediente a información pública mediante anuncio nun diario da provincia e no Diario Oficial de Galicia, por prazo de quince días desde a aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo indicado poderá examinarse nas dependencias municipais de secretaría (segundo andar) e presenta-las alegacións que estime convenientes.

Pontedeume, 28 de xullo de 1995.

O alcalde

Rubricado