Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 29 de agosto de 1995 Páx. 6.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de sobresemento do expediente sancionador (P-276/94) (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións de sobresemento dos ditos expedientes.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do dá seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que éste fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Pontevedra, 29 de xuño de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-276/94.

Denunciado: José Serodio Pérez.

Último domicilio coñecido: Atín, Cela-Mos.

Expediente: P-276/94.

Denunciado: Amante Serodio Pérez.

Último domicilio coñecido: Centeáns, 7, Pontellas-O Porriño.

95-5488