Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 29 de agosto de 1995 Páx. 6.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1995, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación de bens afectados polas obras N-AC-91.12.2 acondicionamento da estrada AC-441, tramo Baíñas-Brandomil, concellos de Zas e Vimianzo.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de data 30 de marzo de 1995, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

Por Decreto 119/1995, do 30 de abril, declárase a utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das súas facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Zas e Vimianzo, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previstas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Zas.

Local: local parroquial de Brandomil.

-Día 12 de setembro do predio 95 a 190, de 10 a 13 horas.

-Día 13 de setembro do predio 191 a 253, de 10 a 13 horas.

-Día 14 de setembro do predio 255 a 358, de 10 a 13 horas.

Concello de Vimianzo.

Local: escola de Outeiro en Baíñas.

-Día 15 de setembro do predio 1 a 97, de 10 a 13 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Ley de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, Praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que coiden pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola ausente ocupación.

A Coruña, 28 de xullo de 1995.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe

9505089