Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 29 de agosto de 1995 Páx. 6.681

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1995 pola que se aproba a oferta de emprego público para 1995.

Aprobada a relación de postos de traballo do persoal de administración e servicios desta universidade por acordos da Xunta de Goberno e do Consello Social do 20 de abril e 5 de maio de 1995, respectivamente, e publicada a mesma por Resolución do 11 de maio de 1995 (BOE do 9 de xuño), procede agora adopta-las medidas necesarias para dota-lo referido cadro de persoal cos correspondentes efectivos de persoal.

Se ben dentro destas medidas se inclúen todas aquelas actuacións que, ademais dos sistemas de promoción interna, se refiren á provisión de postos de persoal funcionario e laboral mediante concurso de méritos ou, se é o caso, libre designación, de conformidade co que se determine nas citadas relacións de postos de traballo e nas normas laborais de aplicación, a presente resolución pretende unicamente cuantifica-las necesidades de recursos humanos que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes no cadro de persoal da universidade, para as que existe crédito orzamentario e das que se considera conveniente a súa cobertura de modo inmediato, -incluídas as prazas que se indican nas resolucións do 18 de maio e do 19 de xullo de 1994 (BOE do 26 de maio e do 26 de xullo, respectivamente)-; o que constitúe, en definitiva, a oferta pública de emprego da Universidade da Coruña a que se refire o R.D. 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), debendo a súa aprobación efectuarse

con carácter previo á convocatoria dos procedementos selectivos previstos, tanto na citada norma como na Lei 3/1995, do 10 de abril (DOG do 20) e disposicións concordantes.

Por todo o exposto, este rectorado, no uso das atribucións contidas nos artigos 65 dos estatutos desta universidade aprobados polo decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17), en relación co artigo 3 da Lei de reforma universitaria, do 25 de agosto de 1983 (BOE do 1 de setembro),

RESOLVE:

Primeiro.-En cumprimento do previsto no artigo 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, e de acordo co previsto no artigo 7 do R.D. 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), apróbase a oferta de emprego para 1995 desta universidade, nos termos que se establecen na presente resolución.

Segundo.-Na oferta de emprego inclúense as prazas vacantes relacionadas no anexo que, contidas na vixente relación de postos de traballo, están dotadas orzamentariamente e das que a súa cobertura se considera conveniente para o presente exercicio.

Terceiro.-Nas probas selectivas para ingreso nos corpos e escalas de funcionarios e categorías de persoal laboral serán admitidas as persoas con minusvalidez en igualdade de condicións cos demais aspirantes. Non obstante, os aspirantes co minusvalidez deberán acreditar, mediante documento expedido

polos órganos correspondentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a compatibilidade da súa condición co desempeño das tarefas e funcións das prazas de que se trate.

Do total de prazas ofertadas reservarase a porcentaxe legalmente establecida para persoas con minusvalidez.

A Coruña, 10 de agosto de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Funcionarios

Grupo D

Auxiliares administrativos66

Grupo B

Axudantes de biblioteca28

Total funcionarios........94

Pesoal laboral

Grupo I

Analistas2

Analistas de sistemas3

Analista responsable de sistemas1

Analista comunicacións e Mant. redes2

Técnicos laboratorio investigación5

Técnicos programas I+D2

Grupo II

Arquitecto técnico1

Técnico mantemento1

Programadores4

Técnico de relacións internacionais1

Grupo III

Técnicos especialistas11

Operadores10

Grupo IV

Conserxes10

Auxiliares de biblioteca5

Especialistas de correos2

Especialistas de laboratorio4

Grupo V

Telefonistas8

Auxiliares de servicios31

Total laborais........103

9505331