Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4817/1995 interposto por Mª Elisa Fernández Rodríguez contra resolución da CPTOPV do 15-3-1995 sobre revisión do PXOU de Ribadeo, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días segundo dispón o artigo 64 da Lei de xurisdicción conten
cioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1995.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
95-5541