Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 28 de agosto de 1995 Páx. 6.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1995 pola que se anuncia concurso para a adquisición de material eléctrico para mantemento das instalacións da iluminación pública.

Obxecto.-Adquisición de material eléctrico para mantemento das instalacións da iluminación pública (Ref. S95/135).

Tipo de licitación.-20.825.538 pesetas (IVE incluído).

Garantías.-Provisional: 416.511 pesetas; definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Modelo de proposición.-As proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a adquisición de material eléctrico para mantemento das instalacións da iluminación pública, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do/a propoñente.

Presentación de proposicións.-Presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en mano ou por correo, no prazo de vinteseis

días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións.-Poderanse examinar e retirar copia no Negociado de Subministracións e Compras, 2º andar do Pazo Municipal, praza de Maria Pita nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 8 de agosto de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

5671