De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.
Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 40.3º a) da mesma lei.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
A Coruña, 21 de xullo de 1995.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
sancionador
número DNI
Último enderezo coñecido infrinxido infracción propostaTipificación infracción
Procedimiento
Denunciado
Feitos imputados Artigo
Cualificación
Sanción
32.620.006
Cid nº 13, baixo
15588 Narón (A Coruña)
12.000 indem. 33.190.711
Biduído
Ames (A Coruña)
grave 1 ano inhabilit. 32.362.966
Avda. Fisterra, 288-5º
A Coruña
grave 1 ano inhabilit. 9.759.205
Rosalía de Castro, 13
A Coruña
1.300 indem.P-95/0072 Carlos Tomás Díaz García
Pescar 12 troitas de tamaño menor co regulamentario. 33.9º Leve 10.000 multa
P-95/0090 Daniel Sánchez Noya
Pescar sen licencia. 34.1º Menos
50.001 multa
P-95/0123 Xosé Couceiro Couceiro
Pescar nun tramo coutado sen te-lo permiso regulamentario. 34.10º Menos
50.001 multa
P-95/0160 Fernando Palomo Pérez
Pescar unha troita de tamaño menor co regulamentario. 33.9º Leve 10.000 multa
5414