Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras, do Barco de Valdeorras (Ourense), pola que se anuncia o concurso público número 2/1995, polo trámite de urxencia, para a adquisición de unha unidade de ecografía con imaxe doppler color.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, do Barco de Valdeorras (Ourense), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público, polo trámite de urxencia, de unha unidade de ecografía con imaxe doppler color.

-Obxecto e orzamento: a adquisición de unha unidade de ecografía con imaxe doppler color, por un orzamento de quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.), incluído o IVE.

-Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público deberanse de entregar no prazo de dous meses a partir da data de notificación de adxudicación.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa, 50, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), en días laborables desde as 9 ata 14.30 no teléfono (988) 33 90 05 e fax (988) 33 90 37.

-Fianzas:

Fianza provisional: deberase consignar unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: os licitadores que resulten adxudicatarios deberán presentar unha fianza do 4% do orzamento de licitación.

As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto na Lei de Contratos das Administracións Públicas.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do vixésimo sexto día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución

no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada na Lei de contratos das administracións públicas.

-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na Sala de Xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, O Barco de Valdeorras (Ourense) ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

-Documentación que deben presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 26 de xullo de 1995.

Enrique I. Pérez Rivera

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

5649