Advertidos erros no texto da devandita resolución publicada no DOG nº 156, do mércores 16 de agosto, cómpre efectua-las seguintes correccións:
No sumario, onde di: «Resolución do 31 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos», debe dicir: «Resolución do 31 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde».
No pé da firma, onde di:
«Alberto Núñez Feijoo
Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais»
Debe dicir:
«Alberto Núñez Feijoo
Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde»
95-5656