Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 25 de agosto de 1995 Páx. 6.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/84-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: LL.MM.TT., Subt. Bertoa-Mirón-Campo de Fútbol-Lista e CC.TT.

Situación: Carballo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea de 1997 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x150 mm) de Al, que parte do C.T. Bértoa (Expte. 5968), pasa por C.T. Mirón (Expte. 27174), C.T. ambulatorio de nova construcción e remate no C.T. Bergantiños (Expte. 50346).

-L.M.T. de 720 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x150 mm) de Al, que parte do C.T. Campo de Fútbol (Expte. 27391) e remata no C.T. Lista (Expte. 6356).

-C.T. ambulatorio de 400 kVA, tipo interior.

-Reforma dos CC.TT. Mirón, Bergantiños e Campo de Fútbol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-5190