Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
-Solicitante: Electra de Cabalar, S.L.
-Enderezo social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.
-Denominación: R.B.T. a 380/220 do C.T. Filgueiras.
-Situación: Filgueiras-A Capela.
-Descricións técnicas: rede de baixa tensión, do C.T. Filgueiras a 380/220 voltios, de 216 m de lonxitude. Concello da Capela.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre
autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 15 de xuño de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9505014