Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 23 de agosto de 1995 Páx. 6.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de paso elevado entre pavillóns número 3 e número 4 no Hospital Nicolás Peña-Vigo (Pontevedra).

Obra: paso elevado entre pavillóns nº 3 e nº 4 no Hospital Nicolás Peña-Vigo (Pontevedra).

Orzamento de contrata: 7.867.009 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: 314.680 ptas.

Forma de tramitación: urxente.

Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos,

a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1995.

O presidente do Servicio Galego de Saúde

P.D. (Orde C. 31-7-1995)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

5629