Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación das subministracións que se citan (expediente número 024/1995 e dous máis).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concursos

públicos, procedemento aberto, da obra e subministracións que a continuación se indican:

Obxecto: mobiliario diverso para o equipamento de despachos na Escola Universitaria do Profesorado de EXB de Ourense (expediente número 024/1995). Dotación de equipamento e instalacións para a cafetería da Facultade de Ciencias do Mar (expediente número 027/1995). Conservación e reparación das fachadas da Escola de Formación do Profesorado de EXB de Pontevedra (expediente número 405/1995).

Orzamentos de licitación: 2.474.843 ptas., IVE incluído (expediente número 024/1995). 5.316.142 ptas., IVE incluído (expediente número 027/1995). 8.189.623 ptas., IVE incluído (expediente número 405/1995).

Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de entrega ou execución: veinticinco días naturais (expedientes número 024/1995 e 027/1995), e dous meses (expediente 404/1995), segundo o indicado nos pregos de cláusulas.

Pregos de condicións: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2ª planta, CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1, planta baixa, CP 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 a 14 horas de luns a venres e de 9 ata as 13 horas os sábados.

Prazo de presentación: o prazo límite para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural.

Documentación que presentarán os licitadores: a específica nos pregos de cláusulas administrativas.

Apertura das ofertas: terá lugar na sala de xuntas do Rectorado, rúa Oportuno, 1, Vigo (Pontevedra) ás once horas do segundo día hábil seguinte ó da data límite de presentación de propostas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da capacidade de obrar e das condicións mínimas de solvencia económica, financeira e técnica dos licitadores (para os expedientes número 024/1995 e 027/1995):

-Capacidade de obrar: acreditarase de acordo co disposto nos pregos de cláusulas.

-Solvencia económica e financeira: declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios. Tratándose de sociedades presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidos.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos para subministrar. Relación das prin

cipais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, o seu importe, datas e destino público ou privado e incorporación dos correspondentes certificados destes.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens para subministrar fíxase en un ano (expediente número 024/1995 e 027/1995). Para o expediente número 405/1995, tamén será como mínimo de un ano desde a recepción da obra.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo da/s empresa/s adxudicataria/s.

Vigo, 27 de xullo de 1995.

O rector da Universidade de Vigo

Rubricado

9504741