Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1995 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Bueu.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 26 de maio de 1992, asinou un convenio co Concello de Bueu para a creación dun parque empresarial no municipio.

A Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra, en sesión celebrada o día 29-7-1993, adoptou un acordo polo que se aproba definitivamente o plan parcial do parque empresarial de Bueu. Este plan parcial determina como sistema de actuación para a súa execución o sistema de expropiación, o que implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes para os fins da expropiación, de acordo co dispopsto no artigo 132 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Os bens e dereitos afectados pola expropiación están comprendidos dentro do ámbito da unidade de execución delimitada no plan parcial do parque empresarial de Bueu, e están concretados na relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar e que se recolle no documento do plan parcial.

De conformidade co previsto nos artigos 219 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Bueu.

O expediente estará exposto nas oficinas da Delegación Provincial de Pontevedra do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sitas en r/ Alcalde Hevia, s/n, polo termo de un mes, a partir da publicación desta resolución no último diario oficial.

Durante o dito prazo todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que coiden oportunas, por triplicado exemplar, no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito na r/ Alcalde Hevia, s/n, Pontevedra.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto

Galego da Vivenda e Solo

5071