Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución, modificación e disolución das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades

agrarias de transformación, constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións e disolución que se citan.

A constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Santiago de Adragonte S.A.T. nº 909 XUGA, de responsabilidade limitada, domiciliada en Lg. Casal-Pa. Santiago de Adragonte, concello de Paderne (A Coruña); obxecto social: servicios agrícolas e gandeiros consistentes na adquisición e explotación de maquinaria en común; capital social: 30.000 pesetas; número de socios: 6.

A Sociedade Agraria de Transformación Souto Castro S.A.T. nº 910 XUGA de responsabilidade limitada, domiciliada en Cardexía nº 9, Filgueira-Lalín (Pontevedra); obxecto social: explotación en común de terras, gandos e comercialización dos seus productos; capital social: 900.000 pesetas; número de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación A Penala S.A.T. nº 911 XUGA de responsabilidade limitada, domiciliada en Grallas, O Páramo (Lugo), obxecto social: producción e comercialización de carne e leite de vaca; capital social: 54.076.908 pesetas; número de socios: 4.

A modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Fonfría S.A.T. nº 751 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 9 de maio de 1994 acordaron por unanimidade aumenta-lo capital social en 12.250.000 ptas., quedando definitivamente fixado en 25.250.000 ptas. e composto por 2.525 resgardos nominativos de 10.000 ptas. cada un deles; proceden á renovación da Xunta Rectora, quedando composta por Jesús Murado Mazoy, presidente; Manuel López González, secretario; Gerardo Méndez Gallego e Carmen Murado Mazouy, vocais.

A Sociedade Agraria de Transformación Labradíos de Beres S.A.T. nº 854 XUGA, na asemblea xeral celebrada o 8 de maio de 1995 acordaron por unanimidade aumenta-lo número de socios en 12 propietarios, quedando a sociedade integrada por un total de 85 socios e aumenta-lo capital social, quedando definitivamente fixado en 85.000 ptas., integrado por 85 resgardos nominativos de 1.000 ptas. cada un deles.

A Sociedade Agraria de Transformación Grupo Foxado nº 3.615, en acordo da asemblea xeral e por maioría, nomean presidente da xunta rectora a Mercedes Wonenburger Macía e confírenlle poderes de representación, para actuar en nome da sociedade.

A disolución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Almofrey S.A.T. nº 607 XUGA, por acordo da asemblea xeral

universal celebrada o 30-11-1993 e por unanimidade, solicitan a súa disolución, nomeando a comisión liquidadora.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

4410