Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 21 de agosto de 1995 Páx. 6.529

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1995, da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, pola que se resolve o concurso convocado por esta, segundo acordo do 8 de marzo de 1995, para a provisión dun posto de traballo vacante nel.

Convocado concurso específico de méritos segundo acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas, de data 8 da marzo de 1995 (DOG número 59 do 24 de marzo de 1995), para a provisión dun posto de traballo vacante neste Consello, denominado «xefe de arquivo, grupo B, nivel 25», esta comisión, en sesión celebrada o día 12 de xullo de 1995, por proposta da comisión de valoración, e de conformidade con ela, e co establecido na base cuarta da convocatoria que rexe este concurso,

RESOLVE:

Primeiro.-Selecciona-lo funcionario que se relaciona no anxeo, ó se-lo que maior puntuación acadou, e destinalo ó posto de traballo obxecto deste concurso.

Segundo.-O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se o destino anterior se encontra na mesma localidade cá do novo destino e de un mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó de cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da presente resolución no DOG.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidos ós interesados.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-Contra este acordo cabe interpor recurso ordinario ante o Pleno do Consello da Contas, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1995.

Carlos G. Otero Díaz

Conselleiro maior

ANEXO

N.R.P: 3382375946 A7283

Grupo: B.

Apelidos e nome: Sanz Bravo, Caridad H.

Organismo de orixe: universidade de Santiago de Compostela.

Localidade de orixe: Santiago de Compostela.

Posto de traballo de destino: xefe de arquivo.

Nivel de C. de destino: 25.

Localidade de destino: Santiago de Compostela.

5480