Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 18 de agosto de 1995 Páx. 6.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 21 de xuño de 1995, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, o prego de cargos do expediente sancionador instruído contra Álvaro Vázquez Méndez (expediente sancionador LU-070/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícase o prego de cargos no expediente sancionador número LU-070/1995, instruído contra Álvaro Vázquez Méndez, con último domicilio coñecido na rúa Álvarez Miranda, 8, Ribadeo (Lugo), por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro) sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

O dito interesado dispón dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura de Celeiro-Viveiro (Lugo), avda. Ramón Canosa, s/n, e presentar ante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Celeiro-Viveiro, 21 de xuño de 1995.

A. Alejandro Alonso Pantoja

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

95-04471