Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 17 de agosto de 1995 Páx. 6.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 14 de xullo de 1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para o cuarteirón delimitado polas rúas Avda. dos Caídos, Monte das Moas, Ángela B. de Soto e paralela a José Mª Hernansáez, co fin de modifica-la tipoloxía de edificación de «cuarteirón con patio» a «cuarteirón compacto».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

A Coruña, 24 de xullo de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

5587