Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 17 de agosto de 1995 Páx. 6.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 16 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-46/1995 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

E para os efectos previstos no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993), o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días as alegacións que considere convenientes, no Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.

Pontevedra, 16 de xuño de 199.

Manuel Francisco Gutiérrez

Instructor

ANEXO

Expediente: I-46/95.

Denunciado: José Manuel Coya Alonso.

Último enderezo coñecido: Pintens-Hío. 36948 Cangas.

Feito denunciado: abandono vehículo Seat 124, matrícula PO-3837-F, en Hío.

Precepto infrinxido: artigo 137 E) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 50.000 ptas.

4803