Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 17 de agosto de 1995 Páx. 6.474

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a Onésimo Juncos Rabadán (praza número 1271/1994).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 11 de outubro de 1994 (BOE do 3 de novembro) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Onésimo Juncos Rabadán, e cumprindo o/a interesado/a os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Onésimo Juncos Rabadán profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

5348