Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 16 de agosto de 1995 Páx. 6.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de acondicionamento de local para raios X e reformas varias no centro de saúde de Maceda (Ourense).

Obra: acondicionamento de local para raios X e reformas varias no centro de saúde de Maceda (Ourense).

Orzamento de contrata: 14.891.305 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza definitiva: 595.652 ptas.

Forma de tramitación: urxente.

Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas

nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola Mesa de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1995.

O Presidente do Servicio Galego de Saúde

P.D. (Orde comunicada 31-7-1995)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

95-05558