Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 16 de agosto de 1995 Páx. 6.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia concurso público para a adquisición de monitores, respiradores volumétricos, electrocardiógrafo e equipo de hemofiltrado para a Unidade de Coidados Intensivos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público para a adquisición de monitores, respiradores volumétricos, electrocardiógrafo e equipo de hemofiltrado para a Unidade de Coidados Intensivos.

I. Obxecto e orzamento.-A adquisición de monitores, respiradoresvolumétricos, electrocardiógrafo e equipo de hemofiltrado para a Unidade de Coidados Intensivos, por un orzamento de vintetrés millóns de pesetas (23.000.000), incluído o IVE.

II. Prazo de entrega.-Os equipos obxecto do presente concurso público deberán ser entregados no prazo de un mes no complexo hospitalario.

III. Documentos de interese para os licitadores.-O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, telf. (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

IV. Fianzas.-Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de 460.000 ptas. e unha fianza definitiva do 4% do importe da adxudicación. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto no artigo 112 da L.C.E. e 340 do seu regulamento.

V. Clasificación.-Non se precisa.

VI. Presentación de proposicións.-As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do R.X.C.E.

VII. Apertura de proposicións.-A apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, renida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

VIII. Documentación que deberán aporta-los licitadores.-Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

IX. Anuncios.-Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 15 de xuño de 1995.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

95-05555