Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 16 de agosto de 1995 Páx. 6.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a realización da obra de construcción dun ximnasio no Instituto Politécnico de Ourense e dúas máis.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso aberto, as obras declaradas de urxencia que se citan:

1. Construcción de ximnasio no Instituto Politécnico de Ourense.

Orzamento de licitación: 39.917.947 ptas. (trinta e nove millóns novecentas dezasete mil novecentas corenta e sete pesetas).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

2. Construcción de ximnasio no Instituto de FP A Farixa de Ourense.

Orzamento de licitación: 46.148.351 ptas. (corenta e seis millóns cento corenta e oito mil trescentas cincuenta e unha pesetas).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

3. Construcción de ximnasio no Instituto de BUP e FP da Rúa (Ourense).

Orzamento de licitación: 34.661.462 ptas. (trinta e catro millóns seiscentas sesenta e unha mil catrocentas sesenta e dúas pesetas).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos interesados na Delegación Provincial de Educación, Servicio de Contratación, rúa Concello, 13-4ª planta.

O prazo de presentación de proposicións será de 15 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria.

A apertura das proposicións realizaraa a Mesa de Contratación ás 13 horas do día 1 de setembro, na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria.

Tódolos gastos que orixine a publicación do presente anuncio correrán a cargo das empresas adxudicatarias.

Ourense, 4 de agosto de 1995.

Ana Mª Ortiz Álvarez

Delegada en funcións

95-4778