Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 16 de agosto de 1995 Páx. 6.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1995, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de N/AC/91.12.1. proxecto de alarga e mellora do trazado da estrada AC-441, tramo: Berdoias-Baíñas, termos municipais de Dumbría e Vimianzo.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, «Construcción, conservación e explotación de estradas».

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 15 de marzo de 1995, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 31 de marzo de 1995, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virutde, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos que a continuación se citan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Dumbría.

Lugar: Casa do Concello de Dumbría.

-Día 5 de setembro de 1995, de 9.30 a 14 horas. Desde o predio nº 1 ó predio nº 93.

Concello de Vimianzo.

Lugar: Casa do Concello de Vimianzo.

-Día 6 de setembro de 1995, de 9.30 a 14 horas. Desde o predio nº 1 ó predio nº 61.

-Día 7 de setembro de 1995, de 9.30 a 14 horas. Desde o predio nº 62 ó predio nº 121.

-Día 8 de setembro de 1995, de 9.30 a 14 horas. Desde o predio nº 122 ó predio nº 181.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulametno da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte á publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas na Coruña, P/ Luis Seoane, s/n, 8ª planta, as alegacións que coiden pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe

95-05181