Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización na U.E. II-13 Balaídos.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión do día 18 de xullo de 1995, o proxecto de urbanización U.E. II-13 Balaídos (expediente número 3923/401), sométese á exposición pública polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios en DOG, BOP, prensa e taboleiro da casa do concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 27 de xullo de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde