Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 2 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento de actas previas correspondentes á execución da liña a 132 kV Meira-Lugo, solicitado pola empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Expediente número 3631 A.T.).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 403/1992 (Diario Oficial de Galicia nº 6, do 12 de xaneiro de 1993) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados que se indican na relación que se publicou no BOP de Lugo, do 7-11-1990, fáiselles saber a tódolos afectados pola execución do proxecto que a seguir se indica: liña eléctrica aérea a 132 kV Meira-Lugo, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en r/Cidade de Viveiro, 4, que o representante da Administración dará comezo, sobre o terreo, ó levantamento

das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación publicada no BOP de Lugo do 16 de marzo de 1995 e expostas nos taboleiros oficiais das casas dos concellos e no desta Delegación Provincial de Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírteselles ós interesados afectados, que recibirán unha notificación individual na que se lles sinalarán o día e a hora en que terá lugar o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito perante esta delegación ata o momento do dito levantamento, para os únicos efectos de rectificaren posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 2 de agosto de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-05261