Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que anuncia o sometemento ó trámite de información pública, por solicitude da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., da relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación que se cita. (Expediente número 3999 A.T., expropiación número 146).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, a solicitude de declaración da necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre os bens e dereitos que se afectan, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. A seguir transcríbese a relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non

foi posible o acordo amigable para a execución da instalación seguinte:

-Reelectrificación de Corbelle e Quintela (Lugo), declarada de utilidade pública, por resolución desta delegación do 21 de abril de 1994.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, e os interesados, no mesmo prazo, contado a partir do día seguinte ó da notificación individual que se lles efectuará, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixiren posibles erros na relación indicada, así como formularen as alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para o cal quedarán expostos os expedientes, cos planos de situación e os parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán reclamar por medio desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 26 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liña: M.T. ós CC.T.I. de Corbelle e Quintela.

Concello: Lugo.

LiñaPredio nºLugarParroquiaCultivoPropietariosDomicilioAfección (superficie m)

Corbelle01Tras da AiraS. Vicente de CoboPradoArmenio García Fernándezr/ Rabassa, 57-1º, 08024 Barcelona560 de voo

Quintela01VivideiroS. Xoán de PenaPradoLuis Alfonso Chousar/ Porta Cabanillas, º15, 27004 Lugo1.120 de voo

02VivideiroS. Xoán de PenaChoposFrancisco Díaz CalvoMaderas Díaz Calvo. S. Salvador de Muja, s/n, 27192 Lugo336 de voo

04VivideiroS. Xoán de PenaPradoHros. de Emilio Alfonsor/ Juan Montes, 1-4ºB, 27001 Lugo168 de voo

05GranxoS. Xoán de PenaIncultoLuis Arias FontelaImoltasa. Estrada Bagueixos, 1ª travesía. Lugo1.624 de voo e 0,64 do apoio nº 2

06CasillaS. Vicente de CoboPradoHros. de Luisa Rodríguez Castedor/ Montero Ríos, 62-1º, 27002 Lugo616 de voo e 0,49 do apoio nº 3

08CasillaS. Vicente de CoboPradoHros. de Isabel Rodríguez Castedor/ Dinan, 9-11-5º, 27002 Lugo840 de voo

12BouzaS. Vicente de CoboPradoHros. de Carmen Paz Gator/ Mallorca, 12-2º, 27003 Lugo210 de voo

16CarracedoS. Vicente de CoboLaborArsenio Otero VeigaEstación, s/n. Laxosa. Corgo. Lugo168 de voo

17CarracedoS. Vicente de CoboLaborJosé TorrónPonte do Bao. S. Vicente de Coeo, 27190 Lugo140 de voo

18CarracedoS. Vicente de CoboPradoHros. de Manuel López Ceider/ Sol, 39-2º Izda., 24700 Astorga. León420 de voo

22Tras da AiraS. Vicente de CoboPradoPerfecto Montoto Gómezr/ Armando Duran, 44-3º Dcha., 27002 Lugo448 de voo e 0,49 do apoio nº 7

28Tras da AiraS. Vicente de CoboPradoArmenio García Fernándezr/ Rabassas, 57-1º-4ª, 08024 Barcelona840 de voo e 2 dos apoios nº 8 e 9

95-4642