Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.356

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 235/1995, do 20 de xullo, polo que se regula o ensino da relixión nas ensinanzas de réxime xeral na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifican e completan os decretos 426/1991, do 12 de decembro, 245/1992, do 30 de xullo, 78/1993, do 25 de febreiro, e 275/1994, do 29 de xullo.

Conforme a disposición adicional segunda da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, o ensino da relixión axustarase ó establecido no acordo sobre ensinanza e asuntos culturais subscrito entre a Santa Sé e o Estado español e, se é o caso, ó disposto naqueles outros que puidesen subcribirse con outras confesións relixiosas.

Durante o período de desenvolvemento da devandita lei e implantación da reforma educativa promulgáronse diversos reais decretos polos que se establecen as ensinanzas mínimas dos distintos niveis educativos e se introduce unha regulación concreta da ensinanza da relixión católica.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no uso das competencias que lle outorga o Estatuto de autonomía, estableceu os currículos das ensinanzas de réxime xeral para o ámbito da súa competencia.

O Tribunal Supremo, ó longo do curso académico 1993-1994, dictou sucesivas sentencias nas que, ó resolver recursos contenciosos-administrativos sobre a dita regulación, se pronunciou declarando a nulidade de determinados artigos dos reais decretos de referencia. Todo iso, así como o feito de que durante os anos transcorridos, e mediante as leis correspondentes, se aprobaron acordos de cooperación entre o Estado español e as confesións evanxélica, israelita e islámica, fixo necesaria unha nova regulamentación específica da ordenación da ensinanza da relixión no sistema educativo.

O Real decreto 2438/1994, do 16 de decembro, polo que se regula o ensino da relixión aborda a avaliación desta materia cun tratamento substancialmente diferente do que se lle atribuiu nas normas declaradas nulas polo Tribunal Supremo. Isto afecta non só á relixión católica, senón tamén ás demais relixións e toma en consideración o diferente carácter e efectos que a avaliación desta materia ten nos distintos niveis educativos. Mentres que na ensinanza obrigatoria a avaliación da área de relixión produce os mesmos efectos cá avaliación do resto das áreas do currículo, no bacharelato as cualificacións de relixión non se computan para os efectos de obtención da nota media para o acceso á universidade, nin para a selección de solicitudes de bolsas e axudas ó estudio cando haxa que acudir ós expedientes académicos para establecer un criterio de prioridade. Esta excepción deriva

do obrigado respecto ó principio de igualdade entre os alumnos.

Por outra banda, para os alumnos e alumnas que non opten por segui-las ensinanzas de relixión, prevese unha serie de actividades orientadas á análise e á reflexión respecto de contidos que non estean incluídos no currículo dos respectivos ciclos ou cursos e que se refiran a diferentes aspectos da vida social e cultural. Non embargante, durante o segundo ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria e durante un curso do bacharelato as ditas actividades versarán sobre aspectos culturais relacionados coas relixións.

En consecuencia, en virtude da disposición final segunda do Real decreto 2438/1994, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase a disposición adicional do Decreto 426/1991, do 12 de decembro, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos que se establecen a continuación:

Disposicións adicionais

Primeira.

En virtude do establecido no acordo entre o Estado español e a Santa Sé sobre ensinanza e asuntos culturais, o currículo de educación infantil incluirá ensinanzas de relixión católica para os nenos e as nenas dos que os seus pais ou titores legais o soliciten.

Segunda.

1. Igualmente, e en aplicación dos acordos de cooperación do Estado español coa Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España, Federación de Comunidades Israelitas de España e Comisión Islámica de España, aprobados, respectivamente, polas leis 24, 25 e 26/1992, do 10 de novembro, garántese o exercicio do dereito a recibir ensinanzas das respectivas confesións relixiosas no segundo ciclo de educación infantil nos termos establecidos no artigo anterior.

2. De conformidade co establecido no apartado anterior, a ensinanza das devanditas relixións axustarase ós diferentes acordos de cooperación co Estado español.

Terceira.

Para os nenos e as nenas dos que os pais ou titores legais non opten pola ensinanza relixiosa, os centros organizarán actividades como ensinanzas complementarias e en horario simultáneo ás ensinanzas de relixión. Estas actividades, axeitadas á idade dos nenos e das nenas, terán como finalidade facilita-lo coñecemento e a apreciación de determinados aspectos da vida social e cultural, na súa dimensión histórica e actual, a través do achegamento a diferentes manifestacións literarias, plásticas e musicais, e contribuirán á consecución dos obxectivos que para esta etapa están establecidos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro. En todo caso, estas actividades non versarán sobre contidos incluídos no currículo establecido no presente decreto».

Artigo 2º

Modifícase e complétase o Decreto 245/1992, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos que se establecen a continuación:

1. O apartado 3 do artigo 7 quedará redactado da seguinte forma:

«3. A área de relixión católica será de oferta obrigada para os centros e de carácter voluntario para os alumnos».

2. Engádese un apartado 5 ó artigo 7 co texto que segue:

«5. Igualmente, e en aplicación dos acordos de cooperación do Estado español coa Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España, Federación de Comunidades Israelitas de España e Comisión Islámica de España, aprobados, respectivamente, polas leis 24, 25 e 26/1992, do 10 de novembro, garántese o exercicio do dereito a recibir ensinanzas das respectivas confesións relixiosas nos termos establecidos no apartado anterior».

3. Engádese un apartado 6 ó artigo 7 co texto que segue:

«6. De conformidade co establecido no apartado anterior, a ensinanza das devanditas relixións axustarase ós diferentes acordos de cooperación co Estado español».

4. Engádese un apartado 7 ó artigo 7 co texto que segue:

«7. Ó comeza-la educación primaria ou na primeira inscrición do alumno ó centro, os centros docentes obterán expresamente a decisión dos pais ou titores legais de que o alumno curse as ensinanzas de relixión, sen prexuízo de que esta decisión poida modificarse ó inicio de cada curso escolar».

5. Engádese un apartado 8 ó artigo 7 co texto que segue:

«8. Para os alumnos e alumnas dos que os pais ou titores legais non optasen pola ensinanza relixiosa, os centros organizarán actividades de estudio como ensinanzas complementarias e en horario simultáneo

ás ensinanzas de relixión. Estas actividades, axeitadas á idade dos alumnos e alumnas, terán como finalidade facilita-lo coñecemento e a apreciación de determinados aspectos da vida social e cultural, na súa dimensión histórica e actual, a través do achegamento a diferentes manifestacións literarias, plásticas e musicais, e contribuirán á consecución dos obxectivos que para esta etapa están establecidos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro. En todo caso, estas actividades non versarán sobre contidos incluídos no currículo establecido no presente decreto».

6. O apartado 3 do artigo 13 quedará redactado do xeito seguinte:

«3. A avaliación da ensinanza de relixión católica realizarase para tódolos efectos, de acordo coa normativa vixente, do mesmo xeito cá das demais áreas do currículo, e farase constar no expediente académico dos alumnos as cualificacións obtidas».

7. O apartado 4 pasa a ser apartado 6.

8. Engádese un apartado 4 ó artigo 13 co texto que segue:

«4. A avaliación das ensinanzas doutras confesións relixiosas axustarase ó establecido nas normas que dispoñen a publicación dos currículos correspondentes, e farase constar, se é o caso, as cualificacións ou observacións pertinentes no expediente académico dos alumnos».

9. Engádese un apartado 5 ó artigo 13 co texto seguinte:

«5. As actividades de estudio non serán obxecto de avaliación e non quedará constancia delas no expediente académico dos alumnos».

Artigo 3º

Modifícase e complétase o Decreto 78/1993, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia nos termos que se establecen a continuación:

1. Engádese un apartado 8 ó artigo 5 co texto que segue:

«8. Igualmente, e en aplicación dos acordos de cooperación do Estado español coa Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España, Federación de Comunidades Israelitas de España e Comisión Islámica de España, aprobados, respectivamente, polas Leis 24, 25 e 26/1992, do 10 de novembro, garántese o exercicio do dereito a recibir ensinanzas das respectivas confesións relixiosas nos termos establecidos no apartado 6 do presente artigo».

2. Engádese un apartado 9 ó artigo 5 co texto que segue:

«9. A determinación do currículo das diferentes confesións relixiosas será competencia das correspondentes autoridades relixiosas».

3. Engádese un apartado 10 ó artigo 5 co texto que segue:

«10. Para os alumnos e alumnas dos que os pais ou titores legais non optasen pola ensinanza relixiosa, os centros organizarán actividades de estudio como ensinanzas complementarias e en horario simultáneo ás ensinanzas de relixión. Estas actividades, axeitadas á idade dos alumnos e alumnas, terán como finalidade facilita-lo coñecemento e a apreciación de determinados aspectos da vida social e cultural, na súa dimensión histórica e actual, a través da análise e comentario de diferentes manifestacións literarias, plásticas e musicais, e contribuirán á consecución dos obxectivos que para esta etapa están establecidos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro. En todo caso, estas actividades non versarán sobre contidos incluídos no currículo establecido no presente decreto».

4. Engádese un apartado 11 ó artigo 5 co texto seguinte:

«11. Durante os dous cursos do segundo ciclo desta etapa, as actividades de estudio alternativas, como ensinanzas complementarias, versarán sobre manifestacións escritas, plásticas e musicais das diferentes confesións relixiosas, que permitan coñece-los feitos, personaxes e símbolos máis relevantes, así como a súa influencia nas concepcións filosóficas e na cultura das distintas épocas».

5. O artigo 14 quedará estructurado e redactado como segue:

«Artigo 14. 1. A avaliación do ensino de relixión católica realizarase para tódolos efectos, de acordo coa normativa vixente, do mesmo xeito cá das demais áreas do currículo, e faranse constar no expediente académico dos alumnos as cualificacións obtidas.

2. A avaliación das ensinanzas doutras confesións relixiosas axustarase ó establecido nas normas que dispoñen a publicación dos currículos correspondentes, facendo constar, se é o caso, as cualificacións ou observacións pertinentes no expediente académico dos alumnos.

3. As actividades de estudio non serán obxecto de avaliación e non quedará constancia delas no expediente académico dos alumnos».

Artigo 4º

Modifícase e complétase o Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia nos termos que se establecen a continuación:

1. Engádese un apartado 4 ó artigo 30 co texto que segue:

«4. Igualmente, e en aplicación dos acordos de cooperación do Estado español coa Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España, Federación de Comunidades Israelitas de España e Comisión Islámica de España, aprobados, respectivamente, polas leis 24, 25 e 26/1992, do 10 de novembro, garántese o exercicio do dereito a recibir ensinanzas das res

pectivas confesións relixiosas nos termos establecidos nos apartados 1 e 3.

A determinación do currículo das diferentes confesións relixiosas será competencia das correspondentes autoridades relixiosas».

2. Engádese un apartado 5 ó artigo 30 co texto que segue:

«5. De conformidade co establecido no apartado anterior, o ensino das devanditas relixións axustarase ós diferentes acordos de cooperación co Estado español».

3. Engádese un apartado 6 ó artigo 30 co texto que segue:

«6. Para os alumnos e alumnas dos que os pais ou titores legais, ou eles mesmos, non optasen polo ensino relixioso, os centros organizarán actividades de estudio como ensinanzas complementarias e en horario simultáneo ás ensinanzas de relixión. Estas actividades terán como finalidade facilita-lo coñecemento e a apreciación de determinados aspectos da vida social e cultural, na súa dimensión histórica e actual, a través da análise e comentario de diferentes manifestacións literarias, plásticas e musicais, e contribuirán á consecución dos obxectivos que para esta etapa están establecidos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro. En todo caso, estas actividades non versarán sobre contidos incluídos no currículo establecido no presente decreto».

3. Engádese un apartado 7 ó artigo 30 co texto seguinte:

«7. Nesta etapa, as actividades de estudio alternativas, como ensinanzas complementarias, versarán sobre manifestacións escritas, plásticas e musicais das diferentes confesións relixiosas, que permitan coñece-los feitos, personaxes e símbolos máis relevantes, así como a súa influencia nas concepcións filosóficas e na cultura das distintas épocas».

4. Engádese un artigo 31 que se estructura e queda redactado como segue:

«Artigo 31. 1. A avaliación da ensinanza de relixión católica realizarase, de acordo coa normativa vixente, do mesmo xeito cá das demais áreas do currículo, e farase constar no expediente académico dos alumnos as cualificacións obtidas.

2. A avaliación das ensinanzas doutras confesións relixiosas axustarase ó establecido nas normas que dispoñen a publicación dos currículos correspondentes, facéndose constar, se é o caso, as cualificacións ou observacións pertinentes no expediente académico dos alumnos.

3. Co fin de garanti-lo principio de igualdade e a libre concorrencia entre tódolos alumnos, as cualificacións obtidas na avaliación das ensinanzas de relixión non se computarán na obtención da nota media para efectos de acceso á universidade nin nas convocatorias para a obtención de bolsas e axudas ó estudio que realicen as administracións públicas cando

haxa que acudir á nota media do expediente académico para unha selección entre os solicitantes».

4. As actividades de estudio non serán obxecto de avaliación e non quedará constancia delas no expediente académico dos alumnos».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións que sexan precisas para a aplicación do disposto neste decreto.

Segunda.-O presente decreto aplicarase a partir do curso académico 1995-1996.

Santiago de Compostela, vinte de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-4683