Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 12 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da providencia de apertura do expediente sancionador de epizootias que se cita, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (expediente 49/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación principal. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, Lugo.

ANEXO:

Expediente: 49/1995.

Denunciado: Melchor Díaz Fernández

DNI: 71.863.996

Último enderezo coñecido: rúa Bao de Cangas-A Roda-Tapia de Casariego-Asturias

Feitos imputados: transporta-lo día 17 de abril de 1995, no vehículo matrícula LU-1824-M, oitocentos coellos, carecendo do documento de rexistro do vehículo.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: 52

Precepto sancionador: 215

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 25.000 ptas.

Lugo, 12 de xuño de 1995

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

95-4714