Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-114/1995 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-114/1995) por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de D.C.I.F. sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 9 de xuñpo de1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-144/95.

Denunciada: Julia Domínguez Seijo.

Último enderezo coñecido: r/ Casal-Tameiga, 12. 36415 Mos.

Feito denunciado: vertido de lixo.

Precepto infrinxido: art. 137 E) do regulamento á Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: art. 139 do regulamento á Lei de incendios forestais.

Sanción: 25.000 ptas.

4353