De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as fases nas que se atopan os expedientes contra eles instruídos polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumpri
mento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
Nome: Talleres Sprint Galicia, S.A.
NIF: 15.069.669.
Expediente: 15-062/95.
Prazo: 10 días.
Trámite: acordo iniciación.
Os ditos interesados dispoñen do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes, na Delegación de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, 2º andar, praza de Luis Seoane, s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Coruña, 27 de xuño de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
95-