Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4312 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico no lugar de Pena, Feira do Monte, no concello de Cospeito.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 100 metros e conductor LA-30 de 31,10 mm de sección, instalada sobre torres metálicas tipo C. Cntro de transformación de 25 kVA/380-220 V, instalado sobre torre matélica, o remate da liña de media tensión. Rede de baixa tensión con conductores 3x50 e 2x25, instalada sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico no barrio da Pena e Feira do Monte, no concello de Cospeito.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 3.978.418 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 9 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5100