Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de xuño de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expedientes número OR-01907-O-94 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso perante o conselleiro de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense o 20 de xuño de 1995.

José Ignacio Domínguez Pedrosa

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último domicilio coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

OR-01907-O-94

PO-5167-AL

G.C. Tráfico

Const. Mantenim.

Viviendas C.B.

Rúa das Estrigueiras, 22

Pontevedra

Efectuar un transporte particular de ladrillos, desde Ribadavia ata Quins, carecendo de autorización administrativa de transportes.

17-11-1994; 11.30; N-120; 601

Art. 142 B LOTT

Art. 199 B RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 RGTO

5.000

OR-02042-O-94

C-8465-AT

G.C. Tráfico

Ventura Suárez Pasín

Alexandre Bóveda,

BO 13, 9, 3

Santiago de Compostela

A Coruña

Transportar mercadorías perecedoiras (embutidos), desde Santiago de Compostela a Maceda, nun vehículo isotermo, carecendo do certificado de autorización para os vehículos que transportan algunha mercadoría perecedoira e siglas correspondentes.

16-12-1994; 10.15; C-536; 10,7

Art. 141 Q LOTT

Art. 198 S RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 RGTO

25.000

OR-02086-O-94

M-5582-BU

G.C. Tráfico

Pedro Varela Seijo

Marcelo Macías, 69

Ourense

Transportar terra, desde Ourense a San Cibrao das Viñas, carecendo da autorización de transportes. Servicio público.

22-12-1994; 15.15; OR-101; 6

Art. 142 B LOTT

Art. 199 B RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 RGTO

5.000

4848