Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: V-2603, da Merca e varias localidades das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (provincia de Ourense).

José Touza González, titular da concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: V-2603; LU-OR-76, da Merca a varias localidades das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, e Isolino Martínez Vieiro, en representación da empresa Autocares La Mezquita, S.L., solicitaron conxuntamente, e a favor desta, o cambio de titularidade da citada concesión.

Esta dirección xeral, resolveu autoriza-lo dito cambio de titularidade quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas do cedente fronte á Administración.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

4470