Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 08 de agosto de 1995 Páx. 6.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1995 pola que se anuncia concurso para o acondicionamento dos departamentos 13 e 14 do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns-Mesoiro.

Obxecto: acondicionamento dos departamentos 13 e 14 do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns-Mesoiro. (Ref. 095/82).

Tipo de licitación: 17.169.489 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 343.390 pesetas; definitiva, 4% do orzamento.

Proposicións: o prazo de presentación de proposicións para optar ó concurso é de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia, e finalizará ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día da finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. Durante este prazo o expediente do concurso poderase examinar e retirar copia deste prego na Unidade de Obras e Concesións, en horas de 9 a 13 horas.

As proposicións, en tres sobres pechados, presentaranse de 9 a 13 horas no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación).

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse o seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto/a de DNI número..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento dos departamentos 13 e 14 do cemiterio de Santa Cecilia de Feáns-Mesoiro e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición pola que opto á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previsto esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.

A Coruña o 24 de xullo de 1995.

O alcalde

Rubricado

5242