Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 08 de agosto de 1995 Páx. 6.315

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (99/1995).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de medidas provisionais de separación seguidos neste xulgado co número 99/1995, por instancia de Marina María Pérez Treviño, representada polo procurador Fernández Pérez, contra Francisco Valeiras Sánchez, se dictou auto que na súa parte dispositiva di así:

«S. Sª, perante min a secretaria xudicial dixo: que acordaba a separación provisional dos cónxuxes Marina María Pérez Triviño e Francisco Valeiras Sánchez, encomendándolle á esposa o uso do domicilio conxugal, así como de tódolos mobles e utensilios, con carácter exclusivo, e que fixa en concepto de pensión alimenticia para a esposa a cantidade de cincuenta e cinco mil pesetas mensuais, pagadeiras dentro dos cinco primeiros días de cada mes por Francisco Valeiras Sánchez, cifra que ten que ser actualizada anualmente, segundo o índice que publique o Instituto Nacional de Estatística para os prezos ó consumo.

Así, por este auto, acórdao, mándao e asínao, Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, do que dou fe».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado en ignorado paradoiro Francisco Valeiras Sánchez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

95-04718