Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 08 de agosto de 1995 Páx. 6.314

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (422/1989).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fai público que, en virtude do acordado en xuízo sucesorio de testamentaría que se tramita neste xulgado co nº 422 de 1989, relativo á herdanza de Amparo Portela Oubiña, no que son herdeiros interesados José, María Teresa e Dolores Miramontes Portela, sácase a poxa pública, polo termo de vinte días, o predio que logo se dirá, pertencente á dita herdanza, baixo as seguintes condicións e advertencias:

1. Terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza (r/ Algalia de Abaixo, 24), ás doce horas do día vinteseis de setembro próximo.

2. O tipo de poxa está fixado no prezo de valoración, consistente en 5.652.780 pesetas.

3. Os licitadores consignarán na conta de depósitos deste xulgado, aberta no nº 1583 na oficina principal do Banco Bilbao Vizcaya desta praza, unha cantidade igual polo menos ó 20% do tipo de poxa. Poderán facerse ofertas por escrito en prego cerrado, xuntando os resgardos da consignación mencionada, desde o anuncio ata a celebración da poxa.

4. Están de manifesto na secretaría os autos e maila certificación rexistral do predio, facéndose advertencias e prevencións do artigo 131, regra 8 e 13, da Lei hipotecaria.

-Descrición do predio segundo e rexistro.

Predio urbano. Casa sinalada co número 52 moderno (antes tiña o 43) da rúa das Hortas desta cidade, parroquia de San Fructuoso, composta dun soar alto e dúas portas, unha para a dita rúa e outra para as hortas que se atopan ó lado oeste, con dúas ventás para a citada rúa e outra ventá máis un tragaluz para o oeste no vertedeiro; ten de longo a planta baixa da dita casa entre paredes, desde a que di á da rúa ás das hortas, 13 metros 33 centímetros, por 3 metros e 34 centímetros de largo, o que fai 44 metros 52 decímetros cadrados. Linda pola dereita, ou sexa, norte da súa entrada, a casa número 50, propia de José Túñez; esquerda, polo sur, a casa número 54, de Pedro Iglesias e dos herdeiros de Pedro Vázquez, calella no medio; leste, pola súa fachada, a expresada rúa e polo oeste, horta pertencente á mencionada casa.

Santiago de Compostela o un de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-4641